Esta mañá presentouse a Estratexia de Economía Azul de Galicia 2024-2027 na Cidade da Cultura. Ao acto acudiu o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polos conselleiros de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e do Mar, Alfonso Villares. Na súa intervención, o titular do Goberno galego destacou esta iniciativa como exemplo do compromiso da comunidade para “protexer, coidar e aproveitar, de xeito sostible, os recursos que o mar ofrece para que segan sendo rendibles na actualidade e no futuro.