As flores son o produto máis demandado dende hai meses en todas as vilas galegas. Son moitas as floristerías que levan tempo traballando arreo para afrontar a alta demanda deste produto coa chegada do 1 de novembro.
A floristería Alecrín, en Boiro, é unha das que dende setembro non deixa de recibvir encargos para ramos ou centros dedicados ao día de Todos os Santos, o que significa un gran rédito económico para estes negocios.

