Avanzan as XXVI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán e o pasado venres desenvolveuse unha nova presentación literaria enmarcada nelas. Trátase de Flor de Santidad: Historia Milenaria con edición facsímile a cargo de Olivia Rodríguez, investigadora e profesora da Universidade da Coruña. Obra que recibiu o segundo premio outorgado polo Ministerio de Cultura como facsímile mellor editado en España no 2023.

