Un ano máis o pavillón de Venecia encheuse de centos de persoas que acudiron ao Xantar de Confraternidade da Pobra do Caramiñal. Preto de 750 comensais participaron nesta gran xuntanza destinada ás persoas de máis de 60 anos da comarca. Unha xornada festiva, diferente, na que o desfrute é o protagonista.