As competencias dixitais serán de novo un dos obxectivos do concello da Pobra no mes de novembro. Un obradoiro de robótica e outro de impresión 3D serán impartidos na Casa da Mocidade para mellorar as habilidades dos veciños.
Con estas actividades o concello pretende darlle continuidade ás accións de capacitación dixital para os veciños pobrenses. Por iso, esperan desenvolver máis cursos deste tipo de cara ao mes de xaneiro.