O xantar de confraternidade da Pobra do Caramiñal contará esta edición con 750 inscritos. Unha comida multitudinaria á que algúns veciños da localidade non poderán asistir ao esgotarse rapidamente as prazas.
Os populares da vila sinalan como culpable desta situación ao concello por permitir a venda de entradas a persoas de fóra da Pobra e non dar prioridade aos veciños.

