Os fortes refachos de vento o luns 16 de setembro, último día das festas do Nazareno, fixeron que a comisión e o concello decidiran adiar o espectáculo de fogos de artificio e drons programado para esa noite. Agora a espera por ver unha actividade inédita en Galicia chega ao seu fin. A data fixada é o venres 25 de outubro ás once da noite.
Remata así unha longa espera de moitos veciños e visitantes para ver un espectáculo nunca antes visto na nosa comunidade.

