O concello pobrense volve apostar pola municipalización so servizo de axuda ao fogar un ano máis. Logo dos éxitos na anterior convocatoria e á demanda ao longo do ano de traballadores deste sector, dende a Concellería de Servizos Sociais volven convocar unha bolsa de emprego destinada a contratacións laborais temporais.
Sinalan dende o goberno municipal que debido á alta demanda que tiveron ao longo do ano precisaron poñer en marcha o proceso de creación dunha nova bolsa. A do ano pasado foi ampliada e por iso este ano queren mellorar a situación.

