Xunta de Galicia

RUEDA ANUNCIA AXUDAS DIRECTAS NOS ORZAMENTOS DO PRÓXIMO ANO PARA QUE OS MOZOS POIDAN EMANCIPARSE

Galicia ofrecerá por vez primeira axudas directas para que os mozos poidan emanciparse, cuns cartos para que poidan afrontar os gastos que supón empezar a vivir de modo independente. Así o anunciou o presidente da Xunta na sesión do control ao goberno no pleno do Parlamento, na que engadiu que dos inmobles que constrúa a Xunta no 2025, o 40 por cento destinaranse aos mozos no caso de alugar, e o 25 por cento no caso de que se poñan á venda.

Estas axudas iso si, non irán destinadas a un apoio económico para o pago do alugueiro, senón para gastos fundamentais de comezar a vivir de maneira independente.

Rueda falou destas medidas en respota a unha pregunta do secretario xeral do PSdeG, que lle advertiu da encrucillada na que se atopan moitos mozos galegos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.