Hai unha semana que Félix Triñanes ía ata a praia de Mañóns a pescar e non se soubo máis del. Sete días nos que non se atopou ningunha pista logo de xornadas de busca por terra, mar e aire. Agora o operativo de busca reduciuse e está formado polos veciños e por Protección Civil de Boiro.

