21 C
Chicago
25 octubre, 2026
Image default

A ASOCIACIÓN A CREBA CELEBRA O DÍA DA SAÚDE MENTAL CUN CARTEL CHEO DE ACTIVIDADES

Co gallo do Día Mundial da Saúde Mental o vindeiro 10 de outubro, a asociación A Creba, xunto co Concello de Ribeira, organiza unha xornada chea de actividades para concienciar á poboación.

Aínda que estas actividades xa comezaron hoxe cunha charla sobre deporte e saúde mental no IES N.º 1 de Ribeira, o prato forte será o xoves 10. haberá dous eventos simúltaneos ás doce da mañá. Un será o acto conmemorativo na alameda de Noia con lectura do manifesto e música de Noia, o outro unha mesa redonda sobre saúde mental no Auditorio Vello de Ribeira, onde participarán expertos na materia.

A programación inclúe tamén un certame de fotografía no que se poderá participar ata o 30 de novembro e outro de relatos breves.

Todas estas actividades, como a charla do día 10, que contará con profesionais da saúde mental, forma parte tamén do compromiso do concello de Ribeira pola concienciación aos seus ahabitantes neste tema.

Related posts

JOSÉ ANTONIO PÉREZ OPTARÁ Á REELECCIÓN COMO PATRÓN MAIOR DE RIBEIRA E PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA

CloudyX

O CONCELLO DE RIBEIRA ADXUDICA CATRO CONTRATOS PARA MELLORAS VIARIAS, URBANAS E PÓLIZAS DO PARQUE MÓBIL

CloudyX

OS MARISCADORES DE AGUIÑO PREPARAN A CAMPAÑA DO PERCEBE DE NADAL CON BOAS EXPECTATIVAS MENTRES PAUSAN O OURIZO

CloudyX