Xunta de Galicia

OUTRO DOS ASISTENTES A CONXEMAR FOI O PRESIDENTE DA XUNTA

O presidente da Xunta destacou hoxe a importancia do sector mar industria na nosa comunidade e comprometeu o traballo e responsabilidade do goberno autonómico para garantir a súa sustentabilidade e competitividade no futuro.

No marco da inauguración da vixesimoquinta edición da Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados, e acompañado de diferentes autoridades como o conselleiro do Mar ou o Ministro de Pesca, salientou o feito de que este evento non deixe de medrar e que cada ano atraia máis empresas.

Insiste Alfonso Rueda en aplicar un PERTE realmente adaptado á relevancia e necesidades da cadea mar industria, así como afrontar o debate para a implantación da enerxía eólica offshore.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.