O Museo Valle-Inclán da Pobra exhibirá novos fondos aos seus visitantes grazas á última cesión que realizou o investigador e neto do escritor, Xaquín de Valle-Inclán Alsina. O Concello da Pobra do Caramiñal decidiu ampliar o museo polo que a ata o de agora coñecido como auditorio se converte en sala de exposición e centro de investigación.

