Vigo acolleu na tarde de onte a presentación do documental “A meninxite en Galicia, máis aló das cifras”, promovido pola Asociación Española contra a Meninxite. Ao acto acudiu o titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, quen destacou que Galicia é líder na prevención da meninxite ao contar co calendario de vacinación máis completo de España que busca protexer a toda a poboación desta enfermidade infecciosa.