O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu esta mañá a César Carballeira, Ignacio Alabart e María Sanjurjo, que a pasada fin de semana se proclamaron campións do mundo coas seleccións absolutas masculina e feminina de hóckey sobre patíns nos World Skate Games que se celebraron en Italia. O que supuxo un triplete histórico para o hóckey galego.