Xunta de Galicia

O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN AFIRMA QUE SE ESTÁN A ATENDER AS NECESIDADES DOS CENTROS NO REFERENTE AOS DOCENTES

A comarca do Barbanza segue reclamando os docentes precisos nos seus centros de ensino. Dúas das ANPAS que máis tempo levan loitando por isto son a do Brea Segade de Taragoña e a Alecrín, do Cernadas de Castro de Lousame. As dúas entidades demandan contar cos profesionais que necesitan a tempo completo para garantir unha educación de calidade a todos os seus alumnos. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, afirmou en Porto do Son que o mapa educativo cambia e recordou que hai centros que gañan ou perden unidades ao ter un maior ou menor número de alumnado.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.