Pobra Do Caramiñal

MILLEIROS DE PERSOAS TINGUIRON A POBRA DE MORADO UN ANO MÁIS

A procesión votiva das mortallas cumpriu un ano máis coas expectativas na Pobra do Caramiñal. Milleiros de persoas ateigaron e pintaron de morado as rúas da vila rendíndolle devoción ao Nazareno.

Acompañándoo, múltiple variedade de autoridades, o arcebispo da Diocese de Santiago, a corporación municipal da Pobra, o alcalde de Boiro e representantes de forzas e corpos de seguridade, entre outros.

Se hai algo que caracteriza esta procesión é a participación de cadaleitos ofrecidos por superar unha enfermidade ou evitar a morte, catro persoas adultas neste 2024.

Ao paso do Nazareno pola Covecha os devotos aproveitaron para pasar algunhas das súas pertenzas pola túnica co obxectivo de que lle transfira a súa protección.

Aínda que a procesión é o prato forte destas festas, xa comezaron o venres pola noite co tradicional pregón. Este ano as encargadas de dalo foron as representantes da Protectora Moura, encargada de coidar animais abandonados para buscarlles un fogar.

Un destes animais é Brandon, un pastor alemán de 10 anos, o can que máis tempo leva na protectora, e que pasou 8 deles atado a un poste, ata que hai dous ano e medio chegou a Moura. Levou todo o protagonismo do pregón precisamente porque xa atopou unha familia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.