O salón de plenos da Pobra colleu onte unha sesión extraordinaria da Corporación municipal. O acordo máis destacado do día foi a aprobación por unanimidade da proposta para participar na segunda fase dos POS+Adicional da Deputación.
Este proxecto inclúe proxectos novidosos para A Pobra, como diferentes pavimentacións ou a creación dunha pista de pádel pública por un valor de arredor dun millón de euros.