Alfonso Villares mantivo hox eun encontro coa presidenta da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Carmen Crespo, no que pediu máis protagonismo para Galicia como principal rexión pesqueira de Europa.
Trasladou tamén as principais demandas do sector como a reforma da Política Pesqueira Común, unha mellor xestión de posibilidades de pesca nos caladoiros comunitarios ou medidas que permitan atallar a competencia desleal de terceiros países.
A capacidade de pesca dos galegos é o punto central das demandas da consellería.