18 noviembre, 2026
Image default

ALFONSO RUEDA DESTACA QUE GALICIA ESTÁ Á VANGARDA DE ESPAÑA NO PROGRAMA DE CRIBADO DE CANCRO DE PRÓSTATA

O presidente da Xunta salientou que Galicia se sitúa como punta de lanza no territorio nacional co programa de cribado de cancro de próstata. Na súa visita ao hospital ferrolán Arquitecto Marcide, observou de primeira man o proxecto piloto de prevención desta doenza.

Dende xuño foron enviadas xa as primeiras 3000 invitacións para participar no cribado e realizar as primeiras analíticas. A partir de mañá comezará a seguinte fase, consistente na realización de resonancias magnéticas que deben continuar coas probas.

O obxectivo deste programa é chegar a 12 mil homes entre 50 e 69 anos, algo que situará a Galicia á vangarda de españa na loita contra o cancro de próstata.

Related posts

O PARLAMENTO DE GALICIA APROBOU A LEI DE EDUCACIÓN DIXITAL DE GALICIA

CloudyX

ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO DEFENDEU EN SANTIAGO A SÚA PROPOSTA PARA PRESIDIR ESPAÑA

CloudyX

A XUNTA ENTREGARÁ DE FORMA GRATUÍTA ÁS FAMILIAS UN DISPOSITIVO ANTIESQUECEMENTO DE BEBÉS NOS VEHÍCULOS

CloudyX