A Pobra vai rematando os preparativos cara as festas do Nazareno. Hoxe foi o turno da xunta de seguridade para trazar o dispositivo que se levará a cabo na vila. Axentes de Garda Civil e Policía Local xunto con voluntarios de Protección Civil serán os encargados desta tarefa.
A xunta estivo presidida polo alcalde e a subdelegada do Goberno na Coruña, que destacaron a importancia do coidado da seguridade nestas celebracións.