O Santísimo de Santa Cruz de Lesón celebrarase entre os días 6 e 10 de setembro. Esta parroquia da Pobra mesturará a devoción relixiosa coas actividades lúdicas para todas as idades e públicos.
O apoio do concellos é fundamental na celebración destas festas. Dende o goberno municipal consideran fundamental descentralizar estes eventos para darlle importancia ás parroquias da Pobra. Saben, iso si, que non sería posible sen a acción das comisións de festas.