O Concello da Pobra do Caramiñal retoma este mes de setembro os obradoiros de artesanía, unha medida novidosa implantada este ano. O obxectivo é dinamizar os centros culturais da localidade e ofrecer alternativas de lecer fóra da época estival.
Polo momento a recepción por parte dos veciños está sendo boa, ao ter cubertas as prazas para os obradoiros de setembro, outubro e novembro, con listas de agarda estensas.

