A última fin de semana de agosto ten sempre aroma a despedida, pero dende hai cinco anos o derradeiro mes do verán vaise entre música, gastronomía e lugares emblemáticos de Barbanza Arousa. Paisaxes Sonoras viviu esta fin de semana a súa quinta edición e centenares de persoas puideron desfrutar de grandes artistas galegos en paraxes incomparables. Este ano o inicio deuse no pazo de Goiáns, que se encheu o venres da música de Abraham Cupeiro.

