128 litros de auga son os que consume cada fogar galego por día e persoa. Unha cifra que diminúe con respecto aos datos anteriores, do 2020, cando o consumo se situaba nos 130, o que supón unha baixada dun 1,54 por cento.
Aínda que o número poida parecer alto, moita xente asegura non chegar a esas cifras cada día.

