O Concello de Boiro suma unha actividade novidosa ao seu calendario, o Boviño Fest. Iniciativa que naceu para poñer en valor a tradición vitivinícola galega, para dar a coñecer os caldos da IXP Barbanza-Iria e na que se homenaxeará a un impulsor deste sector na comarca, Antonio Saborido, Xirpín.

