Fin de semana de comercio e ventas tamén na Pobra do Caramiñal. O municipio, a través da Concellería de Promoción Económica, impulsou unha nova edición de “Comercio na Rúa”, iniciativa na que este ano participaron 13 establecementos da localidade que se deron a coñecer para incentivar as compras na praza do Emigrante.

