O accidente mortal nunha festa en Vigo por mor dun erro mecánico nunha atracción fixo saltar as alarmas sobre estes aparellos.
Aínda que amplamente empregados por moita xente nas festas, hai quen non quere subir neles por medo a posibles erros como o que lle custou a vida a un home de 36 anos en Matamá, Vigo.
A opinión pública divídese neste debate entre quenes confían nas atraccións e nas súas revisións e quenes prefiren ser máis cautelosos.