O presidente da Xunta calificou a nosa comunidade como un territorio favorable para emprender e consolidar proxectos empresariais.
Así o afirmou dende a Illa da Toxa, onde participou no X Encontro Internacional de Empresarios Galegos. Asistiu ao IV Premio aos Empresarios do Ano en Galicia, resultando gañadores o produtor audiovisual Carlos Vasallo e a empresa familiar Aceites Abril.
Dende alí o presidente Rueda resaltou o papel da amplia rede de asociacións de empresarios galegos no mundo, que serven de apoio á acción exterior da economía da Comunidade.