Noia

SANTIAGO FREIRE, O ALCALDE DE NOIA, ELIXIDO PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE CONCELLOS DO CAMIÑO DA RÍA DE MUROS NOIA

A Asociación de Concellos do Camiño da Ría Muros Noia cambia de presidente. Santiago Freire Abeijón, o alcalde de Noia, substitúe a Teresa Villaverde, a súa homónima de Lousame.

No procedemento de cambio de presidencia só houbo unha candidaturam á que chegaron en consenso os nove concellos e os distintos grupos políticos representados, PP, PSOE, BNG e Compromiso por Outes.

A xunta directiva está formada por Santiago Freire como presidente, Guaria Rey Vázquez, concelleira de Turismo de Brión, como vicepresidenta, María Lago Lestón, alcaldesa de Muros, como secretaria, Manuel González López, alcalde de Outes, como tesoureiro, e Esteban Ares García, primeiro tenente de alcalde de Lousame, como vogal.

Entre os obxectivos dos novos directivos da Asociación están continuar coa restauración ambiental e paisaxística de distintos tramos do Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia, seguir cos traballos de sinalización e balizamento do Camiño nestes 9 municipios e manter as accións promocionais que xa se están desenvolvendo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.