O presidente da Xunta reafirmou hoxe o compromiso do goberno galego cos emprendedores da nosa comunidade.
Fíxoo dende as instalacións de D3 Applied tech en Ames, unha empresa que elabora solucións tecnolóxicas para embarcacións de competición, o sector aeroespacial, as enerxías renovables, a industria ou o ámbito naval.
Alí salientou a relevancia dos emprendedores na creación de riqueza en Galicia, afirmando que son os que arriscan na creación das empresas e quenes xeran empregos.

