Alfonso Rueda recibiu hoxe á embaixadora uruguaia Ana Teresa Ayala, xunto con outros membros da embaixada do país austral no porto de Vigo na visita do buque escola Capitán Miranda.
Dende alí salientou as boas relacións dende hai décadas entre Galicia e Uruguai, como sinalou na rede social X, antes Twitter, “É moito o que nos une desde hai décadas a través da emigración, a cultura e a economía.”
Outro dos temas tratados por Rueda foi a volta de fillos de emigrados, unha medida que segundo di, axudaría a crear a Galicia do futuro.