Cascos, freos e control. Tres elementos que se repetiron un ano máis nas Carrilanas de Esteiro. E xa van 35. Esta fin de semana a localidade muradá encheuse de visitantes que non se quixeron perder unha nova edición destra festa de interese turístico nacional, que rematou onte co día grande: o do Gran Premio de Carrilanas de Esteiro. Houbo tres categorías nas que houbo gañadores que repiten triunfo. Na Infantil reinaron Pablo Molinos e Xoel Buján, na lenta Juan Dosil e Iria Lorenzo, e na rápida Anxo Gómez.

