O cerco galego conta na actualidade coa sardiña como a principal especie a capturar. Unha realidade á que se enfronta o sector e que implica que o prezo deste peixe azul caia en lonxa pola gran oferta que hai no mercado. Parte dos armadores defenden a necesidade de mudar o sistema e de cambiar algunhas liñas de pesca.

