Xunta de Galicia

O PRESIDENTE DA XUNTA, XUNTO COS REIS E A PRINCESA LEONOR, NA XURA DE BANDEIRA E ENTREGA DE DESPACHOS NA ESCOLA NAVAL DE MARÍN

O titular do executivo galego asistiu á xura de bandeira dos aspirantes de primeiro da escala de oficiais e entrega de reais despachos aos novos oficiais.

No acto, o rei Filipe VI estivo acompañado ademais de pola Raíña Letizia, pola Princesa Leonor. En total, 111 novos oficias recibiron os seus despachos. Ademais, 7 aspirantes de primeiro curso xuraron lealdade á bandeira española, un xesto que simboliza o seu compromiso cos valores e deberes da Armada.

Sumado á presencia dos membros da Casa Real, houbo outras personalidades relevantes en Marín. O presidente da Xunta Alfonso Rueda non perdeu a cita, igual que a ministra de Defensa, Margarita Robles, ademais de altos cargos do exército español.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.