Noia inaugura as obras de restauración ambiental e paisaxística dun tramo do Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia, entre Pontenafonso e a glorieta de Orro. As obras foron presupostadas en 90 mil euros e financiadas pola Axencia de Turismo de Galicia con fondos Next Generation da Unión Europea.
O tramo inaugurado hoxe é o primeiro dunha serie de obras que poñen en valor aimportancia do Camiño de Santiago da Ría Muros Noia de cara ao Ano Santo 2027.