18 noviembre, 2026
Image default

CONGALSA ESTREIRA LAZOS EMPRESARIAIS CON PORTUGAL

Congalsa, firma especializada en alimentación con sede na Pobra do Caramiñal, vén de reforzar a súa estratexia internacional logo de estreitar lazos coa principal asociación de empresarios de Portugal, AEP Associaçao Empresarial de Portugal.

A directora de Relacións Externas da empresa pobrense, Isabel Cañas, e o director xeral de Sulpasteis, Ricardo Alves, mantiveron unha reunión co director de Relacións Institucionais da Asociación de Empresarios de Portugal, Miguel Matos. Neste encontro afondouse nas vías de colaboración entre as dúas entidades, ademais de pechar unha visita da asociación empresarial á planta de Sulpasteis que se desenvolverá no vindeiro mes de setembro.

Esta xuntanza enmárcase nunha serie de accións impulsadas por Congalsa co obxectivo de xerar sinerxías que proporcionen máis visibilidade internacional.

Related posts

A POLICÍA LOCAL DA POBRA E A GARDA CIVIL LOCALIZAN A UNHA PERSOA CUNHA REQUISITORIA XUDICIAL

CloudyX

AS DEGUSTACIÓNS E A DIVULGACIÓN GASTRONÓMICA PUXERON O BROCHE DE OURO ÁS XORNADAS MICOLÓXICAS DA POBRA

CloudyX

A MICOLOXÍA PROTAGONIZOU A FIN DE SEMANA NA POBRA

CloudyX