Estamos nunha época na que se suceden as festas nos municipios. E a Pobra do Caramiñal desfrutará este verán de varios festexos. Un dos primeiros será o Carme do Castelo que se desenvolverá entre o 19 e o 21 de xullo e o folclore galego terá un gran protagonismo.