A realización a medio prazo do tren de alta velocidade entre Porto e Vigo segue sendo unha incertidume. A Xunta e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento do Norte de Portugal requeriron hoxe aos respectivos gobernos que blinden a entrada en servizo do AVE para o ano 2032.