Esta mañá a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou a estación depuradora da Pobra do Caramiñal. Logo de facer unha visita das instalacións, a responsable do departamento de Medio Ambiente afondou nunha resolución de Augas de Galicia que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia pola que se aproban as bases reguladoras para a selección dos concellos interesados no desenvolvemento, implantación e posta en marcha dunha rede autonómica de estacións dixitais para facer un seguimento continuo dos seus sistemas de abastecemento.