Esta mañá a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, presentou no Parlamento galego o proxecto de Lei Promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia. Norma que definiu como “única” en Europa e “exclusiva” pola riqueza natural diferenciada de Galicia.