Esta mañá o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Castro, realizou a súa primeira visita institucional ao Concello de Noia. O titular do departamento de saúde achegouse ao actual centro de saúde da vila noiesa, escenario no que avanzou que a Xunta licitará este verán a redacción do proxecto do novo ambulatorio de Noia.

