O marisco escasea na ría de Muros e Noia, o que obrigou á confraría de Noia a pechar a súa campaña o pasado mes de outubro. A alta mortaldade do recurso a raíz dos temporais do inverno marcou aos profesionais, aínda que non son os únicos que están a pasar por unha mala situación. O mexillón tamén se está a ver afectado.

