Esta mañá celebrouse unha nova xuntanza do Consello da Xunta na que o equipo de goberno autonómico alcanzou varios acordos. Un no eido sanitario e trátase do Plan de necesidades de persoal médico en atención primaria no verán. O presidente do Executivo galego, Alfonso Rueda, sinalou que se destinarán 12,5 millóns de euros para garantir a asistencia sanitaria neste período estival.

