O proxecto de ampliación da fábrica de Escurís tratouse o pasado xoves no pleno da Pobra a raíz dunha moción presentada polos veciños do lugar de Baiuca. A firma precisa contar con máis espazo para seguir desenvolvendo a súa actividade na localidade, proxecto sobre o que Goberno municipal emitiu un informe desfavorable ao considerar que causaría unha afección á veciñanza da zona. Sen embargo o PP pobrense posiciónase a favor desta iniciativa.

