Pobra Do Caramiñal

A POBRA PECHOU O SEU MAIO CULTURAL COA PRESENTACIÓN DE “FÓRA DE XOGO”, O LIBRO GAÑADOR DO PREMIO CARLOS MOSTEIRO

A casa de cultura Raquel Fernández Soler encheuse esta mañá de literatura. O concello pobrense pechou o seu Maio das Letras coa presentación do libro “Fóra de xogo”, de José Luis Baños e gañador do VI Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. Premio que supón a dotación de 3.000 euros, a publicación na colección Árbore da Editorial Galaxia e a repartición de exemplares entre os estudantes pobrenses. O autor da obra afondou sobre ela, un libro no que fala da historia de dúas nenas de Afganistán unidas polo fútbol e as súas normas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.