Esta mañá o titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, participou no foro “Cumprir cos compromisos. A folla de ruta da Xunta para 2030”, organizado pola Voz de Galicia. Nese escenario Rueda apostou hoxe por consolidar a Galicia como un polo de atracción de investimentos e aproveitar as oportunidades que ofrecen as novas industrias co obxectivo de xerar riqueza, emprego e prosperidade de cara o futuro.

