Esta mañá celebrouse un novo Consello da Xunta no que o Goberno autonómico aprobou novas iniciativas. Unha delas é o regreso do Bono Turístico que contará con 16.000 en formato de código QR. O programa terá novidades e poderase desfrutar dende o 10 de setembro ata o 25 de decembro, aínda que as descargas poderán facerse en xuño.