Os disfraces están moi vencellados ao Entroido, pero o Concello da Pobra do Caramiñal quere poñelos tamén de moda no verán. As concellerías de Cultura e Mocidade traen unha nova proposta para este período estival: a Choqueirada de Verán. Iniciativa na que a música e os disfraces serán protagonistas nas rúas do municipio o vindeiro 29 de xuño.

