A parroquia ribeirense de Artes converteuse no centro neurálxico do tradicional esta fin de semana. O Centro Recreativo acolleu a primeira edición do Bruón Folk Fest, iniciativa organizada polos Liantes en colaboración co Concello de Ribeira. Centenares de persoas sumáronse a este festival que contou cunha ampla programación que se desenvolveu entre o venres e o sábado.




